contos dakí
Dani Blanco
Actividade
Data
Contos Dakí
contacontos
A sesión de Contos Dakí con Dani Blanco enche a biblioteca de humor e historias subversivas
A sesión de Contos Dakí con Dani Blanco converteu a biblioteca nun espazo de humor coas súas pequenas historias subversivas, onde o cotián e o inverosímil se mesturan ata facernos dubidar de onde remata a realidade e comeza a ficción.
Nesta ocasión, o narrador levounos ata Cangas para presentarnos unha galería de personaxes inesquecibles, comezando por Lolo, quen, grazas á súa extraordinaria labia, conseguiu xogar ao fútbol en Brasil en equipos como o Flamengo ou o Vasco de Gama… sen saber practicamente nin darlle unha patada ao balón. A súa historia foi a porta de entrada ás de moitos outros veciños deste imaxinario tan particular.
Entre eles estaba Luis, leñador e pai de Lolo, que xunto cun grupo tan improbable como fascinante (Trotsky o panadeiro, o barrendeiro e outro veciño amigo do alleo), ideou un plan disparatado para poñer fin á ditadura franquista. A súa misión: roubar a man incorrupta de Santa Teresa que Franco levaba consigo a todas partes durante a visita que faría á factoría de Citroën no ano 1961. A aventura levounos ata o propio barco do ditador, o Azor, onde o grupo tentou levar a cabo o seu plan… con resultados tan caóticos como hilarantes.
Con esta historia tolísima, Dani Blanco conseguiu que o público se entregase desde o primeiro momento, deixando que a imaxinación voase libre e celebrando cada xiro desta conspiración que non sae nos libros de historia pero que ben podería ter pasado… ou non.
Programación na biblioteca
Próximas sesións
Non importa a idade, as historias de tradición oral resoan en todas as persoas que as escoitan.
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org