contos dakí

Quico Cadaval

Data
29 Maio, 2026
p
Contos Dakí
contacontos

O público entrégase a Quico Cadaval no peche da tempada de Contos Dakí

Despedimos a tempada de Contos Dakí da mellor maneira: cun público entregado de cheo ás historias de Quico Cadaval.

Arrancamos percorrendo as rúas de Santo Domingo no taxi de Antonio, escoitando as pasaxes bíblicas do idilio entre o rei David e Betsabé. Como nos ten acostumados Cadaval nas súas narracións, non podían faltar as alusións ás terras da Barbanza e, en especial, á Carreirana. A súa forma de contar con tanta precisión permitiunos imaxinar o arrecendo da empanada de xoubas feita pola súa nai. Unha vez aberto o apetito, presentounos aos xogadores que acompañaban ao seu pai nas longas partidas na taberna familiar. A avaliación psicolóxica descrita dos xogadores de naipes deu pé a lembrar o pasado escuro da illa de San Simón; neste tempo de esquecemento, aínda que de forma irónica nalgunhas situacións, lembramos o acontecido non hai tantos anos na enseada do fondo da ría de Vigo.

Programación na biblioteca

Próximas sesións

Non importa a idade, as historias de tradición oral resoan en todas as persoas que as escoitan.

enderezo

Avda. Martínez Garrido, 21

 

Telefóno

986 26 77 59

MAIL

bpneiravilas@vigo.org