entre arrolos e contiños
Migallas
Actividade
Data
Entre Arrolos e contiños
contacontos
Entre arrolos e contiños despide a tempada a ritmo de acordeón
Achegámonos ao final do curso e na biblioteca organizamos a última sesión de Entre arrolos e contiños da tempada.
Bea e Miriam trouxeron como sempre as maletas cargada de estupendas historias nas que a música tamén tivo o seu propio espazo. Primeiro acompañamos á eiruga larpeira ao longo dunha semana, na que a nosa protagonista papou todo canto atopou polo camiño para acabar convertida nunha fermosa bolboreta. Despois tocoulle a vez aos tres porquiños, todo un clásico que nunca defrauda!
Entre medias aprendimos como funcionaba o acordeón de Miriam, e rematamos a contada a ritmo dalgunhas das nosas cancións favoritas: “A saia da Carolina” e “Ven bailar, Carmiña”
Programación na biblioteca
Próximas sesións
A maxia dos contos non ten idade: escoita, canta e soña!”
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org