Lectura pública
Día das Letras Galegas
Pasen i escoiten! Pasen i lean!
Actividade
Data
Pasen i escoiten! Pasen i lean!
lectura pública
Letras, memoria e comunidade: o Voluntariado de Vigo organiza unha nova sesión de lectura pública
A biblioteca acolleu unha nova sesión de lectura pública organizada polo Voluntariado do Concello de Vigo, aberta á participación de todas as persoas interesadas en compartir lecturas, reflexións e impresións arredor da literatura e da cultura galega. Nesta ocasión, a actividade estivo dedicada á escritora e xornalista Begoña Caamaño, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, co obxectivo de achegar ao público a súa obra e reivindicar a importancia da súa contribución ás letras do noso país.
Ao longo da sesión realizouse un percorrido pola súa traxectoria vital e literaria mediante a lectura de textos biográficos e fragmentos das súas novelas máis coñecidas. Entre as obras seleccionadas destacaron Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, dúas creacións nas que a autora revisita personaxes femininas da tradición clásica e artúrica desde unha perspectiva innovadora, poñendo en valor a súa voz, a súa liberdade e a súa capacidade de decisión.
A actividade completouse cunha viaxe literaria polo barrio do Calvario da man do escritor e investigador Ramón Nicolás. A través do seu libro A nena que perdeu un zapato na lama, as persoas asistentes puideron descubrir espazos, historias e lembranzas vinculadas a este emblemático barrio vigués, establecendo unha conexión entre a literatura e a memoria colectiva da contorna máis próxima.
O encontro desenvolveuse nun ambiente participativo e enriquecedor, no que o público compartiu comentarios e impresións sobre as lecturas realizadas. A sesión converteuse así nunha oportunidade para celebrar a literatura galega, recordar a figura de Begoña Caamaño e fortalecer os vínculos entre os libros, a memoria e a comunidade.
Programación na biblioteca
Próximas sesións
Fai que a literatura soe: participa na lectura pública. Anímate a ler en voz alta!
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org