club de lectura

Mapa Literario de vigo

O último barco

Villar, Domingo
Ed. Galaxia

Data
4 Xuño, 2024
p
club de lectura

O grupo dos xoves do club de lectura, elixiu como peche para este curso, a novela de Domingo Villar, O último barco

Para a última sesión, desde a biblioteca coordinouse unha visita á Escola de Artes e Oficios de Vigo; un dos escenarios imprescindibles na investigación da desaparición de Mónica Andrade.

Club de lectura taberna Elegio

En 1885, os trescentos membros da sociedade benéfica viguesa A Cooperativa acordaron crear unha escola en que se ensinasen diversos oficios artesáns e actividades industriais. Estaban convencidos de que a instrución axudaría ao desenvolvemento das industrias establecidas na cidade e que, ao tempo, daría aos traballadores a oportunidade de abrir os seus propios talleres, tomando ao cargo aprendices e converténdose eles mesmos en empresarios independentes que achegasen prosperidade á abatida economía local. […]Como a escola pasara a ter titularidade municipal, García Barbón comprometeuse a doar o edificio ao Concello coa única condición de que non se deixase de ofrecer nas aulas ensino técnico gratuíto. En caso contrario, pasaría a mans de quen acreditase ser o seu descendente.

Escola de Artes e Oficios de Vigo. O Último barco

Acompañados de María Jesús Cuesta, bibliotecaria da institución, coñecemos a historia da escola e contemplamos algunhas das edicións singulares que pertencen ao fondo antigo da biblioteca da EMAO.

Club de lectura taberna Elegio

María Jesús foi a encargada de guiarnos ata o obradoiro de cerámica no que nos esperaba, Miguel Vázquez.

Miguel Vázquez Día do ceramista A olería en España Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Era pouco máis vello que Caldas e tiña a súa mesma complexión, aínda que unha postura algo cargada facíao parecer máis baixo. O cabelo, moi curto, estaba poboado de canas. Tiña a boca ampla e entornaba os ollos ao mirar. […] Caldas lera nalgún lado unha máxima de John Ford: “Un actor, máis que faccións fermosas, precisaba dun rostro difícil de esquecer”. O do mestre de cerámica era un daqueles.

Miguel Vázquez. O Último barco

Coa paixón e entusiasmo que lle caracteriza, Miguel Vázquez recreou a atmosfera que Domingo Villar describe na súa novela.

A taberna Eligio, como non podía ser doutro xeito, foi o lugar escollido para repousar e compartir impresións da xornada, seguindo os hábitos do inspector Leo Caldas.

Miguel Vázquez Día do ceramista A olería en España Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

—Algo quentiño —dixo Caldas, e quedou na mesa saboreando a copa de viño branco e observando os cadros que decoraban as paredes de pedra do Elixio. Moitos levaban décadas colgados no mesmo lugar e varios dos pintores morreran. Sabía que non atoparía a espiral alí, pero non puido evitar fixarse en todas as firmas. Xunto a unhas Meninas de Barreiro, un óleo de Ramón Rivas mostraba unha muller deitada.

Eligio. O Último barco

Colaboración entre organizacións e participación cidadá

Agradecer á Escola de Artes e Oficios, á taberna Eligio e a Miguel Vázquez por colaborar coa biblioteca no proxecto Mapa Literario de Vigo co obxectivo de amosar a importancia da nosa cidade na literatura.

Domingo Villar e Miguel Vázquez

Autor e persoaxe da novela O último barco.

Poldo e participantes do club de lectura

Ricón Domingo Villar da taberna El Eligio.

Programación na biblioteca

Mapa Literario de Vigo

Unha viaxe polas rúas e lugares que inspiraron grandes historias.

enderezo

Avda. Martínez Garrido, 21

 

Telefóno

986 26 77 59

MAIL

bpneiravilas@vigo.org