contos dakí

Cris de Caldas

Data
24 Abril, 2026
p
contacontos

Amor, sexo e morte para festexar o Día do Libro

O ciclo de contacontos para público adulto Contos Dakí volveu encher a biblioteca de historias e emocións nunha sesión moi especial arredor do Día do Libro. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar con Cris de Caldas, contadora e tamén bibliotecaria, o que fixo que a sesión estivese especialmente cargada de referencias literarias e amor polos libros.

A proposta estivo protagonizada por mulleres valentes e independentes, tanto da nosa terra como doutras culturas afastadas, como as mulleres inuit. A través dos relatos, viaxamos por diferentes épocas e lugares, descubrindo vidas marcadas pola loita, a resiliencia e a liberdade. Tamén houbo espazo para historias de disidencia sexual na Galiza dos anos 30 e 40, con figuras como Manolo de Santiago ou Teresita, coñecida por rexentar un bar moi especial na Coruña, que se converteron en símbolos de identidade e resistencia.

Un dos momentos máis destacados da sesión foi a reinterpretación dos mitos clásicos de Circe e Penélope, a través da ollada contemporánea de Begoña Caamaño na súa obra Circe ou o pracer azul, coa que se lle rende homenaxe neste ano no Día das Letras Galegas. Esta revisión permitiu reflexionar sobre o papel das mulleres na narrativa tradicional e a necesidade de ofrecer novas perspectivas.

A sesión foi, en definitiva, un espazo de escoita, reflexión e celebración da palabra, no que a literatura serviu para dar voz a historias silenciadas e reivindicar a diversidade. Unha experiencia intensa e moi enriquecedora para todas as persoas asistentes.

Programación na biblioteca

Próximas sesións

Non importa a idade, as historias de tradición oral resoan en todas as persoas que as escoitan.

enderezo

Avda. Martínez Garrido, 21

 

Telefóno

986 26 77 59

MAIL

bpneiravilas@vigo.org