as amigas como forma de liberdade
Día das Escritoras
día das escritoras
Celebramos o Día das Escritoras con flores e homenaxe ao Lyceum Club
O pasado luns, 19 de outubro, a biblioteca celebrou unha nova edición do Día das Escritoras, unha cita dedicada a recoñecer o talento, a creatividade e a achega das mulleres á literatura ao longo da historia.
Como xa é tradición en anos anteriores, quixemos agradecer a todas as persoas que participaron nesta iniciativa cun pequeno agasallo: un ramo de flores para cada persoa que realizou o préstamo dun libro escrito por unha muller. Un xesto simbólico para dar visibilidade ás autoras e animar á lectura das súas obras.
Nesta XI edición, a celebración rendeu homenaxe ao Lyceum Club no seu centenario, reivindicando a amizade entre mulleres como forza de liberdade e creación. Unha oportunidade para lembrar a importancia dos espazos de encontro, intercambio cultural e apoio mutuo, nos que tantas mulleres contribuíron a abrir camiño no mundo das letras.
Programación na biblioteca
Próximas sesións
Trátase de reivindicar o labor e o legado literario das mulleres, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia. A primeira edición levouse a cabo en 2016, e desde entón, a data elixida é sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Jesús.
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org
