Día das Letras Galegas
Begoña Caamaño
A forza das palabras
Actividade
Data
Letras Galegas 2026
día das letras galegas
Begoña Caamaño, A forza das palabras
O Mes das Letras Galegas encheu de vida, compromiso e literatura os nosos andeis. Este ano, a biblioteca quixo renderlle un tributo moi especial a unha veciña do Calvario que deixou unha pegada imborrable: Begoña Caamaño. Baixo o lema “Begoña Caamaño. A forza das palabras”, deseñamos unha campaña ao longo de todo o mes para reivindicar o legado desta xornalista, escritora, activista feminista e firme defensora dos dereitos humanos e da nosa lingua.
Isto foi todo o que deu de si este mes tan especial:
Durante estas semanas, os usuarios e usuarias puideron achegarse á biblioteca para mergullarse na obra e na figura de Begoña. Ademais, para incentivar a lectura na nosa lingua, todas aquelas persoas que levaron un libro en préstamo en galego recibiron un bonito detalle de recordo: unha chapa e un marcapáxinas exclusivos da campaña.
A compañando a campaña, propuxemos un reto para os máis curiosos: un caderno de pasatempos centrado na vida e obra da homenaxeada. Todos os que o completaron antes do 30 de maio entraron no sorteo dun fantástico lote de libros en galego.
E xa temos gañadora! A afortunada do sorteo foi Carmen Matos. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e desexarlle que desfrute moito destas novas lecturas. Queremos agradecer tamén a alta participación de todas as persoas que sumaron o seu granito de area para apoiar a nosa literatura.
Grazas á xenerosidade do Colexio Pombal, que nos cedeu temporalmente a súa exposición sobre Begoña Caamaño. Esta mostra, que estivo dispoñible ata o día 30, permitiu que moita máis xente se achegase ao universo da autora, unindo forzas para facer comunidade e compartir recursos culturais ricos para o barrio.
En resumo, foi un Mes das Letras inesquecible no que a veciñanza do Calvario demostrou que a palabra de Begoña Caamaño segue máis viva e forte ca nunca. Grazas a todos e todas por facelo posible e por seguir apoiando a cultura galega!
Programación na biblioteca
Próximas sesións
Se quedaches con ganas de completar os pasatempos sobre as obras de Begoña Caamaño, visita o noso stand na Feira do Libro de Vigo.
enderezo
Avda. Martínez Garrido, 21
Telefóno
986 26 77 59
bpneiravilas@vigo.org