Lectura pública

Día do Libro

Pasen i escoiten! Pasen i lean!

Data
22 Abril, 2026
p
Pasen i escoiten! Pasen i lean!
lectura pública

O entusiasmo das persoas voluntarias dá vida ao Día do Libro na biblioteca

Para celebrar o Día do Libro, a biblioteca converteuse nun espazo de encontro arredor da palabra grazas á participación dun grupo de persoas voluntarias que quixeron compartir lecturas con toda a comunidade. A actividade foi un fermoso percorrido por diferentes épocas, estilos e linguas, demostrando o poder da literatura para unir voces e emocións.

Ao longo da xornada, escoitamos fragmentos de obras tan emblemáticas como Don Quixote, xunto con poemas de Federico García Lorca e Miguel Hernández, que achegaron sensibilidade e forza á sesión. Tamén houbo espazo para a literatura galega, coa lectura de Memoria do silencio, de Eva Mejuto, e o poema “Darío a diario” de Xela Arias, que emocionaron ao público pola súa intensidade e proximidade.

A viaxe literaria continuou con sonetos de William Shakespeare e poesías de Antonio García Teijeiro, que puxeron de relevo a riqueza da palabra poética en diferentes contextos culturais. Ademais, escoitamos fragmentos de 84, Charing Cross Road, de Helene Hanff, que engadiron un ton íntimo e entrañable á actividade.

Cada lectura foi unha oportunidade para deterse, escoitar e gozar da literatura compartida, creando unha atmosfera acolledora e participativa. A implicación das persoas voluntarias fixo posible unha celebración moi especial, na que os libros foron os verdadeiros protagonistas.

Desde a biblioteca queremos agradecer a todas as persoas participantes a súa xenerosidade e entusiasmo, e convidar a toda a comunidade a seguir celebrando a lectura cada día.

 

Programación na biblioteca

Próximas sesións

Fai que a literatura soe: participa na lectura pública. Anímate a ler en voz alta!

enderezo

Avda. Martínez Garrido, 21

 

Telefóno

986 26 77 59

MAIL

bpneiravilas@vigo.org