Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

8 de Marzo: Fiandeiras: Obradoiro de creación feminista

Marzo 7, 2022 @ 17:30 - 20:30

Para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller, a biblioteca propón un obradoiro de creación feminista. A través do bordado e a transferencia de imaxes, aproveitaremos o poder dos círculos de creación e a unión do fío para reflexionar sobre a sororidade, a autoestima, a igualdade e a creación de conciencia feminista. Con este obxectivo, o obradoiro combina contidos teóricos, destinados a dotar de contextualización e material de inspiración ao grupo a partir do intercambio de opinións e o estímulo do debate, e un bloque de experimentación práctica. A primeira parte do obradoiro consiste na aproximación teórica, por unha banda, ao movemento feminista e ás artistas que empregaron a fotografía como medio de expresión política e, pola outra, á historia do bordado, tanto na súa dimensión de oficio feminizado coma no seu rexurdimento como arma de resistencia e creación feminista. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 22 de febreiro ás 10.30 h A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asigandos Rexistro das persoas asistentes Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Detalles