- Este evento pasou.
A hora dos contos : Caxoto
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos o contador Caxoto. Contos a pé de rúa Neste espectáculo Caxoto transformase nun barrendeiro que fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, … todo misturado con xogos, cantigas, … un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios. Idade Público infantil dende 3 anos. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.