Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A hora dos contos: Marta Ortiz. Casa, casiña, casona. Día Internacional da Lingua Materna

Febreiro 21, 2025 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de febreiro visítannos a contadora Marta Ortiz co espectáculo “Casa, casiña, casona” Pum, pum! Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona? Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo… Tamén imos coñecer aos seus habitates: animais que falan, obxectos cotiás e máxicos, familias diversas e asombrosas… A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia. E está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cada quen ao seu ritmo, levada pola súa propia curiosidade. Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… que forxan os cimentos da casa que construimos ao longo das nosas vidas. Idade Público infantil dende 3 anos Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Detalles