Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A hora dos contos: Marta Ortiz. Galicia Máxica

Novembro 4, 2022 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Marta Ortiz co seu espectáculo “Galicia Máxica”. Galicia Máxica Este espectáculo de narración oral está cheo de contos tradicionais galegos, romances, cancións e xogos da nosa tradición. Esta proposta é unha viaxe pola Galicia máis sorprendente, chea de seres máxicos, cancións, xogos e tradicións que gardan con elas costumes e sentires dun pobo. Narración oral, música e manipulación de obxectos para poñer en valor e achegar a nenas e nenos ó noso patrimonio cultural de forma divertida. Idade A partir de 3 ano. Prazas Aforo limitado.

Detalles