- Este evento pasou.
A hora dos contos: O Mago Paco. Patapatún tun tun!!
Outubro 13, 2023 @ 18:00 - 19:00
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos o Mago Paco co seu espectáculo Patapatún tun tun!! O Mago Paco mostra a súa faceta máis tenra para achegar o mundo da maxia ós nenos e nenas máis cativas a través de xogos, disfraces, cancións, bonecos e historias. De súpeto, todo ten maxia. Todo é maxiaaa!!! Só hai que berrar ben forte… PATAPATÚNTUNTUN!!! Idade Público infantil dende 3 anos Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.