Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A hora dos contos: Pavís Pavós

Outubro 9, 2020 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítannos Pavís Pavós. Prazas: Aforo limitado. Idade: A partir de 3 anos. Inscrición: A partir das 10.30 h do 1 de outubro Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 1 de outubro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Normas das actividades: Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes -Uso obrigatorio de máscara -Uso do xel hidroalcohólico -Facer previa inscrición -Separación entre os grupos de 1,5m -Aforo limitado As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións.

Detalles