- Este evento pasou.
A HORA DOS CONTOS: Soledad Felloza. Día das Letras Galegas
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Vendimando versos: Día das Letras Galegas Espectáculo de versos e crónicas ao redor da obra de Florencio Delgado Gurriarán. Unha viaxe dende o Barco de Valdeorras a México. Unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente. «Namórame o feitizo do tesouro -fino brocado de candeas de ouro- enfeite dos petrechos castiñeiros» Idade A partir de 3 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 26 de abril ás 10.30 h A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.