Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A HORA DOS CONTOS: Xarope Tulú. Estrafalaria

Abril 8, 2022 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos a compañía Xarope Tulú co seu espectáculo “Estrafalaria”. Alicia collera por costume escorregar por calqueira buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Carlota, deráselle por escoller o seu camiño e embarcarse en aventuras emocionantes que nada tiñan que ver coas dunha princesa. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran estrañas. Mais eu sempre pensei que iso de ser estraña é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas? Idade A partir de 3 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 22 de marzo ás 10.30 h A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asignados Rexistro das persoas asistentes Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Detalles