Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A hora dos contos : Xarope Tulú. Roupa Tendida

Abril 21, 2023 @ 18:00 - 19:00

Festexamos o Día do Libro na biblioteca cunha sesión especial da Hora dos contos. A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos a compañía Xarope Tulú co seu espectáculo “Roupa tendida”, que combina a narración oral coa manipulación de obxectos. Nesta proposta tentamos achegar entre si dous mundos: a literatura de tradición oral e a literatura contemporánea, combinando ambos repertorios e procurando que dialoguen entre si. Contar hoxe os contos de onte permítenos reflexionar sobre as nosas crenzas, observalas coa perspectiva do tempo, contalas desde a visión daquelas pequenas que medraron. Contamos o pasado para construír o futuro! Idade Público infantil dende 3 ata 10 anos. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Detalles