Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Achégate á internet

Novembro 13, 2019 @ 10:00 - Novembro 15, 2019 @ 12:00

Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, nun nivel de iniciación, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas usuarias autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer. Días: Mércores e venres Destinatarios: Maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática ou Internet. Prazas : 6 participantes Inscrición: Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir do día 17 de outubro ás 10.30h. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Detalles