- Este evento pasou.
Club de lectura
Outubro 1, 2020 @ 19:00 - 20:30
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. Normas das actividades: Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes -Uso obrigatorio de máscara -Uso do xel hidroalcohólico -Facer previa inscrición -Separación entre os grupos de 1,5m -Aforo limitado As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións.