- Este evento pasou.
CONTOS DAKÍ: Avelino González
Decembro 16, 2022 @ 19:30 - 20:30
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e contador Avelino González. Prazas Aforo limitado.