Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Contos Dakí: Celso Sanmartín

Outubro 30, 2020 @ 19:30 - 20:30

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Sanmartín. Prazas: Aforo limitado. Inscrición: A partir das 10.30 h do 15 de outubro Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 15 de outubro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Normas das actividades: Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes -Uso obrigatorio de máscara -Uso do xel hidroalcohólico -Facer previa inscrición -Separación entre os grupos de 1,5m -Aforo limitado As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións.

Detalles