- Este evento pasou.
Contos Dakí: Dani Blanco. Murmuraban as miñas veciñas
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e contador Dani Blanco. Murmuraban as miñas veciñas Un conto nunca se conta igual dúas veces. O contexto e a memoria vainos alimentando. Historias vivas recollidas para ser contadas de viva voz. Contos de mulleres bravas do Morrazo que levaron a vida que querían levar. Unha mistura entre a ficción e a realidade, entre a fantasía e os feitos inmutables, contadas sempre dende o humor. Para pasar da emoción á risa sen decatarse. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.