Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día da bibliotecas. Lectura asistida con cans

Outubro 22, 2021 @ 18:00 - 19:00

Para festexar o Día da Biblioteca realizaremos un par de propostas diferentes na biblioteca na que nos visitan de xeito especial uns animaliños que normalmente non poden entrar, pero nesta ocasión e por tratarse de cans terapeúticos seran os nosos protagonistas. Pola maña realizaremos un Obradoiro de intervencion asistida con cans para os ususarios e usuarias de AFAGA no que promoveremos a colaboración e fomentamos a empatía e a autoestima ao tempo que supón unha fonte de entretemento, diversión e xogo. Pola tarde, o público infantil terá a oportunidade de participar nun Obradoiro de fomento á lectura recreativa no que buscamos que os nenos e as nenas adquiran un hábito de lectura como entretemento e que desenvolvan unha conciencia sobre o coidado dos libros, dos animais e das relacións interpersoais. Idade Para público infantil entre 5-9 anos Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 1 de outubro A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asigandos, cun perímetro de seguridade, salvo persoas conviventes Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan) Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Detalles