Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Charla coa Dra. Iria Da Cuña Carrera . Coñece o teu solo pélvico

Febreiro 11 @ 18:30 - 19:30

Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia organizamos, en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, unha charla coa Dra. Iria Da Cuña Carrera. Coñece o teu solo pélvico O solo pélvico é un conxunto de músculos que se atopa na nosa cavidade abdómino-lumbopélvica e que ten importantes relacións con outras estruturas anatómicas. O solo pélvico ten implicacións en numerosos procesos fisiolóxicos que moitas veces nos custa recoñecer. As disfuncións do solo pélvico adoitan estar invisibilizadas e seguen sendo un tabú á hora de acudir á consulta sanitaria. O obxectivo desta charla de divulgación científica é dar a coñecer a morfoloxía e a anatomía desta musculatura, así como desmitificar crenzas incorrectas sobre a nosa saúde esfinteriana, reprodutora e sexual. Prazas Aforo limitado.

Detalles