Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Encontro con Alba Aguión

Febreiro 11, 2022 @ 19:30 - 20:30

O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia e na biblioteca para festexalo temos, ademais da mostra do mes, un encontro con Alba Aguión. Alba Aguión é bióloga e investigadora do laboratorio Future Oceans Lab, da Universidade de Vigo. A súa investigación está centrada na sustentabilidade dos océanos, cun especial énfase na pesca artesanal galega. Alba leva cinco anos estudando un animal tan descoñecido e importante para Galicia como é o percebe. Antes de enrolar na Universidade de Vigo, participiou nunha campaña científica estudando os glaciares do Ártico e próximamente espera visitar a Antártida dentro do programa de liderazgo feminino Homeward Bound. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 25 de xaneiro ás 10.30 h Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 2 de xaneiro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asigandos Rexistro das persoas asistentes Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Detalles