Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Encontro con Beatriz Mouriño

Febreiro 7, 2024 @ 19:30 - 20:30

O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia e na biblioteca para festexalo organizamos, ademais da mostra do mes, un encontro con Beatriz Mouriño Beatriz Mouriño é investigadora do grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-UVigo e profesora no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo. Neste encontro falaranos do seu proxecto sobre a “vida sexual das anchoas e como isto inflúe nas turbulencias do mar”, un traballo de investigación que foi galardoado este ano co premio Ig Nobel, outorgado pola revista Annals of Improbable Research (AIR) na Universidade de Harvard. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Detalles