- Este evento pasou.
Día da Poesía. Pablo Vila. O Soño e o Eco
Celebraremos o Día da Poesía cun recital poético ofrecido por Pablo Vila. Recital poético-musical no que, a través dunha ensoñación lírica, viaxamos no tempo. Pablo Vila visita a cada poeta, nun lugar-enclave relacionado co propio poeta, a súa vida e o fondo da súa poesía. No encontro, en verso romance, ambos dialogan sobre o poema que acto seguido vai a ser interpretado. A conversa é como un alento, unha reflexión, un breve escintileo que leva a Pablo Vila a continuar a súa viaxe a través do tempo e a poesía. Os poetas son visitados en orde cronolóxico, desde o máis antigo ao máis cercano e actual, exceptuando algunha licenza narrativa: Francisco de Quevedo, G. A. Bécquer, Rosalía de Castro, Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez, Miguel de Unamuno, Ernestina Champourcín, Josefina de la Torre, Celso Emilio Ferreiro, Jorge Luis Borges e Federico García Lorca. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.