- Este evento pasou.
Día da Poesía. Recital poético de Masha Álvarez
Marzo 20, 2025 @ 19:30 - 20:30
Por mor do Día da Poesía, Masha Álvarez ofrecerá un recital poético na biblioteca Neira Vilas. A autora, gañadora do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo, achegaranos a súa obra cargada de vivencias e influencias culturais. Licenciada en Filoloxía Inglesa e profesora de secundaria, Masha compaxina a creación literaria cunha carreira musical no grupo Os Residuos Atractivas. A través dos seus versos, explorará as fronteiras físicas e emocionais que inspiraron os seus textos. Unha cita imperdible coa poesía contemporánea. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.