Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día das bibliotecas. As palabras perdidas

Outubro 24, 2024 @ 18:00 - 19:00

Para festexar o Día das Bibliotecas contaremos co espectáculo “As palabras pedidas” da compañía Inventi Teatro. As palabras pedidas A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. Fuxiron da historia por falta de uso e só utilizándoas de novo volverán ao conto. As palabras perdidas é unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. Idade Público familiar (nenos +3). Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Detalles