Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: Instalación artística

Abril 1, 2022 @ 17:00 - 20:30

Para celebrar o Día do Libro infantil e Xuvenil na biblioteca realizaremos unha instalación autorregulada na zona infantil. Durante dous días o espazo infantil transformarase para que as familias que se acheguen á biblioteca teñan a oportunidade de explorar o mundo dos contos e a súa lectura desde outro punto de vista: xogando coa letras, o libro como obxecto, a luz a través da lectura, o trazo desde o sensorial, etc. Empregaremos elementos como libros vellos recuperados, estruturas xeodésicas como refuxio de lectura ou espazo de creación, aproveitaremos a luz natural para crear proxeccións de cor e crearase un espazo de construción no chan.

Detalles