Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro de encadernación

Xullo 10, 2024 @ 11:00 - 13:00

Mellores momentos do verán! Neste obradoiro, o alumnado poderá crear o seu propio libro cunha sinxela costura. Explicaranse as nocións básicas para crear a estrutura do libro. Non dubides en modificalo e adaptalo ás túas propias ideas. O máis importante é divertirse e ter unha actitude creativa! Idade Público infantil dende 9 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 25 de xuño A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Detalles

  • Data: Xullo 10, 2024
  • Hora:
    11:00 - 13:00
  • Categoría do Evento: