Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

OBRADOIRO: En galego mola

Agosto 23, 2021 @ 10:30 - 13:30

Da man do Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Vigo, realizamos estas sesións cheas de actividades de animación ao arredor da lingua galega. Xogando en Galego: Compartiremos unha experiencia feliz da man das palabras, as emocións que acompañan ás palabras; a lectura, os libros, e a toma de conciencia de que o galego é a nosa lingua propia e que con ela podémolo pasar fenomenal. Danzas e bailes tradicionais galegos: Aprenderán e practicarán unha serie de divertidas danzas grupais procedentes da tradición galega. Lingua Creativa: Coa palabra como recurso principal, os nenos e nenas desenvolverán a súa imaxinación a través da creatividade literaria en galego, con xogos como Cambiar o conto, Unindo obxectos e nomes, Conto transformado ou O Clube dos/das Poetas Vivos. Idade Público infantil dende dende 5 ata 12 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 10 de agosto A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asigandos, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan) Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Detalles