- Este evento pasou.
Pasen i escoiten! Pasen i lean!: Día da lectura. Aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas
Novembro 3, 2025 @ 19:00 - 20:30
Con motivo do aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, convidamos a toda a comunidade a participar na actividade Día da lectura . Trátase dunha xornada de lecturas públicas abertas, nas que calquera persoa —sen importar idade, xénero ou experiencia— pode achegarse a compartir co resto fragmentos de textos arredor de diferentes temáticas que nos unen e inspiran. A actividade busca celebrar a palabra, fomentar o pracer pola lectura e manter viva a memoria e o legado de Neira Vilas. Se che gusta ler ou simplemente queres escoitar, achégate! A túa voz tamén conta e pode ser fío dunha historia común. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.