- Este evento pasou.
Prende no colo
Xaneiro 2, 2023 @ 18:00 - 19:00
O SNL do Concello de Vigo en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas organiza este obradoiro, realizado por Luis Prego, no que se traballará coas cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos, de forma que despois as familias poidan cantar e xogar na casa. Idade Bebés ata 3 anos e os seus acompañantes. Prazas Aforo limitado.