Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Terrazas de verán: concerto Cuarteto Açaí

Setembro 1, 2022 @ 19:30 - 20:30

O cuarteto Acai reúne a catro experimentados músicos da escena do Jazz galego entorno a un proxecto ideado para estudar e espallar o repertorio da música brasileira do século XX. A riqueza da música brasileira e a súa proximidade ao mundo do Jazz fan deste un proxecto musicalmente moi ambicioso e atractivo para os seus compoñentes. Nas súas primeiras grabacións revisaron temas de Toninho Horta, Chico Buarque e Antonio Carlos Jobim ou Milton Nascemento. A idea é abarcar un período amplo da música brasileira, dende Cartola ata Caetano Veloso, Djavan, Guinga ou Chico Pinheiro. A banda está composta polo cantante e multiinstrumentista Rubén Fernández, o guitarrista Felipe Villar, o contrabaixista cubano-galego Jose Manuel Díaz e o percusionista brasileiro-ga1ego Paulo Silva. Os catro músicos son de sobra coñecidos no eido do Jazz galego, e os catro son apaixonados amantes da música brasileira. A música deste cuarteto pretende ser moi respetuosa coa tradición musical de Brasil ao mesmo tempo que devota das súas expresións e sonoridades máis contemporáneas. Predición metereolóxica Esta actividade realizarase no xardín posterior da biblioteca, en caso de predición metereolóxica adversa a actividade pode adiarse

Detalles

  • Data: Setembro 1, 2022
  • Hora:
    19:30 - 20:30
  • Categoría do Evento: