A hora dos contos Cris de Caldas Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

Data/hora


Data(s) - 07/05/2021

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos: A cor rosa non é unha cor… Cris de Caldas

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Nesta ocasión visítanos Cris de Caldas para contarnos que A cor rosa non é unha cor de nenas nin a cor azul é de nenos. As cores, cores son. Ao igual que os xoguetes, os contos e a vida entereira.

É unha sesión de contos onde destaca a igualdade, o pacifismo e o humor de tal xeito que invita á reflexión sen aburrimento.

Idade


A partir de 3 anos.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir das 10.30 h do 27 de abril

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Medidas seguridade extraordinarias COVID-19


Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
    • Uso obrigatorio da máscara en todo momento
    • Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
    • Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
    • Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
    • Aforo limitado
    • Asentos asigandos, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes
    • Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan)
    • Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias
    • Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada

As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.

Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas