A hora dos contos Dani Blanco Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Vigo

Data/hora


Data(s) - 10/03/2023

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos: Dani Blanco. Historias desde o outro lado da raia

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de febreiro visítanos Dani Blanco co seu espectáculo “Historias desde o outro lado da raia”

Desde o outro lado do Miño hai contos que se foron contando alén do tempo.
Pasaron de avós a nais e destas a crianzas que foron máis tarde pais.
Contos fantásticos que van cruzar a fronteira imaxinaria.
Contos de tradición lusófona, lonxe no espazo máis que imos sentir moi pertiño.

Idade


A partir de 3 anos.

Prazas


Aforo limitado.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *