A hora dos contos Galicia Máxica Marta Ortíz Biblioteca Xosé Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 04/11/2022

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos: Marta Ortiz. Galicia Máxica

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Marta Ortiz co seu espectáculo “Galicia Máxica”.

Galicia Máxica

Este espectáculo de narración oral está cheo de contos tradicionais galegos, romances, cancións e xogos da nosa tradición. Esta proposta é unha viaxe pola Galicia máis sorprendente, chea de seres máxicos, cancións, xogos e tradicións que gardan con elas costumes e sentires dun pobo.
Narración oral, música e manipulación de obxectos para poñer en valor e achegar a nenas e nenos ó noso patrimonio cultural de forma divertida.

Idade


A partir de 3 ano.

Prazas


Aforo limitado.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *