A hora dos contos Pablísimo

Data/hora


Data(s) - 14/03/2025

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos. Pablísimo: “Cabicivai”

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

CABICIVAI

Espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode sair calquera cousa!!

Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. Cabicivai é o seu novo espectáculo para público familiar

Idade


Público infantil dende 3 anos

Prazas


Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas