A hora dos contos Entroido Caxoto Biblioteca Xosé Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 02/12/2022

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos: Unha noite no muíño. Caxoto

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de decembro visítanos Caxoto co seu espectáculo “Unha noite no muíño”.

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementeiras, a malla, ir ao muíño moer… eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.
Neste espectáculo Caxoto fai un percorrido por esas tradicións, contándonos como se divertían as nosas avoas e avós e convertendo o escenario nun local de baile improvisado onde escoitaremos muiñeiras, agarrados, pasodobres… ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón, e quen sabe? Cun pouco de sorte incluso aprendemos a bailar unha sinxela muiñeira.

Idade


A partir de 3 anos.

Prazas


Aforo limitado.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *