Contos Dakí Brais das Hortas Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

Data/hora


Data(s) - 29/04/2022

Hora 19:30 - 20:30

CONTOS DAKÍ: Brais Das Hortas

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Brais das Hortas.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir do 5 de abril ás 10.30 h

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas