Alba Aguión Muller científica Biblioteca Neira Vilas Vigo

Data/hora


Data(s) - 11/02/2022

Hora 19:30 - 20:30

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Encontro con Alba Aguión

O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia e na biblioteca para festexalo temos, ademais da mostra do mes, un encontro con Alba Aguión.

Alba Aguión é bióloga e investigadora do laboratorio Future Oceans Lab, da Universidade de Vigo. A súa investigación está centrada na sustentabilidade dos océanos, cun especial énfase na pesca artesanal galega. Alba leva cinco anos estudando un animal tan descoñecido e importante para Galicia como é o percebe. Antes de enrolar na Universidade de Vigo, participiou nunha campaña científica estudando os glaciares do Ártico e próximamente espera visitar a Antártida dentro do programa de liderazgo feminino Homeward Bound.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir do 25 de xaneiro ás 10.30 h

Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 2 de xaneiro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Medidas seguridade extraordinarias COVID-19


Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
    • Uso obrigatorio da máscara en todo momento
    • Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
    • Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
    • Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
    • Aforo limitado
    • Asentos asigandos
    • Rexistro das persoas asistentes
    • Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada

As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.

Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *