Yolanda Castaño Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 14/05/2021

Hora 19:30 - 20:30

Día das Letras Galegas: Xela Arias. Viaxe a unha mesma. Yolanda Castaño

Neste persoal repaso pola figura e obra de Xela Arias, quen é hoxe un dos rostros máis populares e internacionais da poesía galega rende tributo a unha precursora e auténtico referente para xeracións de autoras. Unha muller á marxe dos canons da altura que deixou a súa pegada na renovación de tres campos: o cultivo dunha poética autónoma e con sensibilidade de xénero, a tradución e a edición de libros na nosa lingua. Apenas tres dos motivos que a converten na autora homenaxeada polas Letras Galegas 2021.

Guiada por quen a coñeceu e que hoxe asina a súa biografía para Edicións Xerais, esta semblanza –ilustrada co recitado de poemas– pescuda en como nos comezos dunha nena escritora xa se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desouvir expectativas, aniquilar imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man. Mesmo se esas sendas difíciles nos deixen ás veces á intemperie. A aventura radical de chegar a ser unha mesma.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir das 10.30 h do 4 de maio

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Medidas seguridade extraordinarias COVID-19


Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
    • Uso obrigatorio da máscara en todo momento
    • Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
    • Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
    • Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
    • Aforo limitado
    • Asentos asignados, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes
    • Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan)
    • Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias
    • Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada

As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.

Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas