Día do Libro Infantil e Xuvenil intalación xeodésicas Biblioteca Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 01/04/2022

Hora 17:00 - 20:30

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: Instalación artística

Para celebrar o Día do Libro infantil e Xuvenil na biblioteca realizaremos unha instalación autorregulada na zona infantil.

Durante dous días o espazo infantil transformarase para que as familias que se acheguen á biblioteca teñan a oportunidade de explorar o mundo dos contos e a súa lectura desde outro punto de vista: xogando coa letras, o libro como obxecto, a luz a través da lectura, o trazo desde o sensorial, etc.

Empregaremos elementos como libros vellos recuperados, estruturas xeodésicas como refuxio de lectura ou espazo de creación, aproveitaremos a luz natural para crear proxeccións de cor e crearase un espazo de construción no chan.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *