Día do Libro Infantil e Xuvenil: Obradoiro: Picasso e as súas cidades. Lugares que influíron na súa obra. Biblioteca Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 03/04/2023

Hora 11:00 - 12:30

Día do Libro Infantil e Xuvenil: Obradoiro: Picasso e as súas cidades. Lugares que influíron na súa obra

O 8 de abril de 2023 cúmprese o cincuenta aniversario do falecemento do artista español Pablo Picasso. Con motivo da conmemoración desta data créase a proposta “Picasso e as súas cidades. Lugares que influíron nel.” Pablo Ruíz Picasso é un dos máis soados pintores da historia da arte occidental. A súa linguaxe expresiva, libre e multiforme segue influíndo na arte e a reflexión contemporáneos.
Neste obradoiro de creación plástica achegarémonos á súa obra e ás cidades onde se desenvolveu súa vida para comprobar o efecto que estes lugares tiveron nas súas creacións artísticas. Tamén nos permitirá entender cos ollos de hoxe a un artista que segue vivo 50 anos despois da súa morte.
Mediante unha didáctica experimental fomentarase a reflexión e a creatividade na elaboración dun libro POP UP con técnicas de pregado de papel.

Idade


Público infantil dende 6 anos.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir das 10.30 h do 21 de marzo

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *