Día do libro Imprenta creativa Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

Data/hora


Data(s) - 22/04/2022

Hora 18:00 - 20:00

DÍA DO LIBRO. Obradoiro: Imprenta creativa

Para celebrar o Día do Libro realizaremos un obradoiro de «Imprenta Creativa: Superpoderes das aves»

Neste obradoiro crearemos postais empregando a antiga técnica de impresión con Tipos Móbiles, poremos en xogo elementos como as diferentes letras, a composición, as imaxes, o formato e as cores, ao tempo que daremos a coñecer curiosidades das aves do noso entorno.

Ao final do obradoiro todas as persoas participantes poderán levar consigo a serie de postais que fixeron.

Idade


Público adulto.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir do 6 de abril ás 10.30 h

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas