Festa de Samaín
Con motivo do Día de Difuntos, as nenas e nenos do barrio están convidados a percorrer as distintas asociacións que forman parte de Social Calvario para vivir unha divertida ruta de Samaín. Ataviados cos seus disfraces máis arrepiantes, poderán visitar os diferentes espazos participantes e pedir caramelos, lambetadas e doces.
A biblioteca tamén se suma a esta celebración e abrirá as súas portas para recibir ás familias e gozar desta xornada.