• Club de lectura

    Club de lectura O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º xoves) na biblioteca para comentar e valorar un libro, proporcionado pola propia biblioteca, coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, […]

  • Día do usuario/a

    Día do usuario/a Para celebrar o Día do Usuario/a, a Biblioteca Xosé Neira Vilas decide premiar cun lote de libros ao público máis activo de cada categoría (adulto e infantil) para comezar o 2020 gozando das mellores lecturas.

  • Ciclo de cine: Versogramas

    Ciclo de cine: Versogramas Dirección: Belén Montero Versogramas é unha viaxe emocional cara ó descubrimento dun fenómeno artístico de crecente popularidade. Poetas e cineastas cóntannos como ven a vida a través deste xénero e axudan a contestar a pregunta: Que é iso da videopoesía? Aforo limitado

  • Pasen i escoiten! Pasen i lean!: Mulleres rurais

    Pasen i escoiten! Pasen i lean! Trátase de lecturas públicas de textos que nesta ocasión teñen como fío condutor as mulleres rurais. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas. Aforo limitado

  • A hora dos contos: Ana Facchini

    A hora dos contos A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Aforo limitado público infantil dende 3 meses ata 10 anos

  • Ciclo de cine: Océano sen rostro

    Ciclo de cine: Océano sen rostro Dirección, creación, dramaturxia, interpretación, coreografía e voz: Merche Pérez. Gravación, edición, fotografía e son: J. Pablo Pintor. A curtametraxe, en branco e negro, destaca pola poesía visual das imaxes e pola expresividade que cobra o corpo da actriz, Merche Pérez, así como pola forte relación que se establece entre […]

  • Club de lectura

    Club de lectura O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º xoves) na biblioteca para comentar e valorar un libro, proporcionado pola propia biblioteca, coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, […]

  • Entre arrolos e contiños

    Entre arrolos e contiños Os bebés compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos. Prazas: 30 prazas por sesión Aforo limitado público […]

  • Ciclo de cine: Trilitrate

    Ciclo de cine: Trilitrate Violín: Elena Vázquez Acordeón: Marcos Padrón Guitarra: Rubén Abad Videoarte: Laura Iturralde Trilitrate é un proxecto que abrangue música acústica e videocreación en tempo real; trátase dunha composición colectiva que ten como finalidade crear algo persoal e inédito. Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros […]

  • Contos Dakí: Yoshi Hioki

    Contos Dakí Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias da biblioteca, cos seus contos, rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes […]

  • Achégate á internet

    Inscrición: A partir do 15 de xaneiro Achégate á internet Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable […]

  • Día da muller e a nena científica

    Día da muller e a nena científica O 11 de febreiro celébrase o Día da muller e a nena na ciencia e na biblioteca, dentro do programa de visitas escolares, convidamos aos centros educativos a participar nunha charla que terá lugar o xoves 6 e que estará impartida polas investigadoras Soledad Torres Guijarro, da Escola […]