• Entre arrolos e contiños

    Unha nova sesión de contos para bebés da man de Migallas Teatro, onde os/as máis pequenos/as da casa comparten coa familia un momento de pracer compartido, afastado do ruído e das presas cotiás. A través de contos, cancións e pequenos xogos, esta actividade busca espertar xa desde os primeiros anos o interese pola literatura e […]

  • Club de lectura

    O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. […]

  • Club de lectura xuvenil

    Nesta actividade realizarase o comentario de obras de distintos xéneros literarios nun ambiente distendido, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. Idade Público infantil dende 12 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 17 de decembro A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org […]

  • Contacontos musicalizado: Piratrans Carabarco

    Dentro dos actos do Orgullo Crítico LGTBI+ 2025, e en colaboración coas asociacións Nós Mesmas e Avante LGBT+ Vigo, a biblioteca acollerá un contacontos musicalizado baseado no álbum ilustrado Piratrans Carabarco, da editorial La calle. Trátase dunha obra innovadora que promove a diversidade sexo-xenérica e a igualdade desde idades temperás. A través das ilustracións de […]

  • Citas a cegas

    Ofrecemos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario. Haberá na biblioteca unha serie de paquetes pechados que se poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilos se desvele o seu segredo, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento, […]

  • Feira do Libro. Praza de Compostela

    Unímonos a este proxecto literario onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrece a biblioteca. Datas: do 1 ao 7 de xullo Horario de apertura da feira: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 […]

  • Obradoiro creativo: Conservas O Noso

    Conservas O Noso "Conservas O Noso" é un obradoiro de arte urbana enfocado na conservación do patrimonio cultural galego. Envasaremos tradicións e costumes en latas de conserva creadas e etiquetadas polos participantes co obxectivo de involucralos na preservación da nosa identidade cultural. Esta actividade non só busca fomentar a creatividade, senón tamén destacar a importancia […]

  • Obradoiro de maxia

    Queres aprender os segredos cos que os magos fan os seus trucos? Neste obradoiro se ensinarán por Iago Saavedra trucos de maxia que os nenos e nenas poderán fabricar eles mesmos, levalos ás súas casas e facelos ós seus familiares e amigos. Aprender maxia estimula a creatividade, desarrolla a comunicación e é entretido e divertido, […]

  • Obradoiro de maxia

    Queres aprender os segredos cos que os magos fan os seus trucos? Neste obradoiro se ensinarán por Iago Saavedra trucos de maxia que os nenos e nenas poderán fabricar eles mesmos, levalos ás súas casas e facelos ós seus familiares e amigos. Aprender maxia estimula a creatividade, desarrolla a comunicación e é entretido e divertido, […]

  • Concerto de Áureas

    Aureas é un conxunto internacional dos anos 20 no que cordas, ventos e percusión interpretan os ritmos bailables de moda a comezos do século pasado. En escena veremos unha arxentina, unha polaca, unha brasileira e unha galega unidas por un sentido común: a música, a emigración e a necesidade de sentirse libres. Unha charanga dos […]

  • Encontro con María Xosé Porteiro

    Contaremos coa presenza da escritora María Xosé Porteiro nun encontro informal cos seus lectores e as súas lectoras, nunha charla amigable onde os/as participantes poden falar e preguntar á escritora sobre o que rodea ao mundo literario. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

  • G-Night: Charla científica

    O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas , bares e na nosa biblioteca- Outro ano máis, a Noite europea das persoas investigadoras celebrarase en Galicia con folgos renovados, da man de máis dunha ducia de institucións: universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividade e a […]